X Festa da Bola de Liscos e das Freces de Bretoña

O Presidente, Darío Campos Conde, acompañado do Deputado de Turismo Eduardo Vidal, o Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, e o Presidente da Asociación de Amigos da Feira de Bretoña, Luís Lindín Loisanos, participou este domingo na X Edición da Festa da Bola de Liscos e das Freces, que tivo lugar esta fin de semana na Praza Maior do municipio mariñán.

O Goberno da Deputación colabora cunha achega de 3.000 euros para a organización de este evento, e co que contribúe a impulsar a economía local a través da gastronomía e dos produtos autóctonos. Ademais, nesta ocasión, os actos completáronse con exposicións de artesanía como olería, traxe tradicional ou cestería, entre outros.

Campos Conde subliñou que “con este tipo de iniciativas, desde o Goberno da Deputación incentivamos a economía local, especialmente no rural, a través da promoción da hostalaría e da artesanía local, desestacionalizando turisticamente o municipio, e xerando riqueza”. Neste senso, o Presidente lembrou que só o ano pasado, a través da venda directa das bolas superior aos 8.000 euros.

 Programación

Este ano, a festa deu comezo ás 10:00 horas coa apertura do recinto feiral na Praza Maior. Ás 12:00 horas, o xornalista, Antón Galocha ofreceu o pregón da festa, acto previo á apertura do recinto feiral no que deu comezo a degustación das bolas de liscos e freces, cun prezo popular de 2 euros/ración. Os actos gastronómicos completáronse con exposicións de promoción da artesanía e gastronomía propia, así como con actuacións de grupos de música tradicional.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com