Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, no San Xoán en Antas de Ulla

O músico Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitres serán os protagonistas das festas de San Xoán que se celebran, este domingo día 23, en Antas de Ulla. A cita será a partir das 23:30 horas ao carón do colexio da vila, e está promovida pola Deputación.

Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza, e formou parte do grupo Berrogüetto. Na súa traxectoria profesional tamén conta co Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Martín Codax da Música (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.

Participou xunto a Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero no proxecto aCadaCanto co que editaron aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014). Colaborou en discos e concertos de diferentes artistas, como Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Carmen París, Amancio Prada, Luar na Lubre, Uxía ou Os Cempés.

Adufes, pandeiretas, cunchas, pandeiras… Todo un exército de parches para montar unha gran foliada na noite de San Xoán de Antas de Ulla. O espectáculo do disco, 15 músicos en escena cun directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier, e este grupo de 12 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com