O músico lucense Xan Carballal ven de acadar o Premio da Critica de Galicia 2019 no apartado de música nun acto celebrado hoxe en Vigo no auditorio García Barbón.
O directo da Orquestra de Xove e director das Escolas de Música de Burela, Mondoñedo e o propio Xove, acadou o premio polo seu labor a prol da educación musical de mozas e mozos de vilas e do rural galego, onde grazas ao seu inxente traballo está dando a posibilidade de que moitos dos seus alumnos formen parte hoxe en día de agrupacións orquestrais de recoñecido prestixio.
Carballal comezara a súa andaina musical no grupo de folk galego Brath a principios dos 80, derivando despois de case que 8 anos nesta formación, a súa actividade na música clásica acadando a titulación de director de orquestra.
O músico lugués non puido hoxe recoller hoxe o premio por mor dunha circunstancia familiar grave, pero no transcurso do acto leuse un comunicado feito por el agradecendo a concesión do premio.
Nov 10, 2019 - 10:10 AM
Parabéns, Xan