Xeo e xeadas un perígo para as viaxes por estrada

Ante o onda de frío que estamos a sufrir nos últimos días, Emerxencias 112 Galicia  ven de emitir un comunicado onde explica unha serie consellos para que os desprazamentos por estrada sexan máis seguros. É difícil detectar onde se forman placas de xeo, aínda que unha boa forma de anticiparse é comprobar o estado da vía. Por exemplo, se percibimos brillos e mesmo un manto de cor esbrancuxada, é posible que a estrada estea cuberta polo xeo. Un dos principais perigos que entraña este fenómeno meteorolóxico, sobre todo para os condutores, é que podemos perder o control do vehículo. Así, é necesario que o manexemos con extraordinario tacto, evitando os movementos bruscos e utilizando o motor como freo.

Aínda que resulta complexo percibir as placas de xeo, digamos que hai sitios nos que se adoitan a formar con máis frecuencia, por exemplo:

  • Zonas húmidas e/ou sombrías
  • Cunetas sen beiravías ou con moita vexetación
  • Debaixo de pontes e/ou pasos elevados
  • Entradas e saídas de túneles
  • En fochancas e/ou depresións do asfalto

Lembra que, ante a presenza de fenómenos meteorolóxicos adversos por xeadas, é mellor non coller o coche. Se non puidese ser doutro modo, entón, infórmate sobre o estado das vías. E, en todo caso, vai co depósito de combustible cheo, teléfono móbil e, por se acaso, cadeas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com