Xestur avanza nos proxectos de catro parques empresariais da provincia

Xestur vén de licitar a redacción dos proxectos de urbanización para a ampliación dos parques empresariais do Corgo, Palas de Rei. No caso da Pontenova e Meira, a empresa pública  adxudicou a redacción dos respectivos proxectos para ampliar a superficie das áreas industriais deses concellos.

O Corgo

Para a ampliación do parque empresarial do Corgo, a empresa pública Xestur licitou o contrato para a redacción do proxecto de expropiación dos 234.000 m2 necesarios para completar a actuación. O importe de licitación do contrato é de 42.350 euros.

Ademais, tamén licitou o contrato para a redacción do proxecto de urbanización da ampliación desta área industrial, por un importe de 105.155,90 euros .Esta ampliación ocupará unha superficie total de máis de 203.000 m2, dos que máis de 118.000 serán de parcelas. O investimento total previsto supera os 8,5 millóns de euros, aos que se suman máis de 1,3 millóns para o subministro eléctrico. Cómpre lembrar que a primeira fase deste parque empresarial ocupa unha superficie total de 92.284 m2, estando vendidas todas as parcelas.

Palas de Rei

No caso de Palas de Rei, Xestur licitou o contrato de redacción do proxecto de urbanización da ampliación do parque empresarial por un importe de 64.507,52 euros.

A terceira fase desta área industrial ocupará unha superficie de preto de 40.000 metros cadrados cun investimento previsto de preto de 1,5 millóns de euros. As dúas primeiras fases deste parque están completamente vendidas e ocupan unha superficie total de 73.790 m2.

A Pontenova

O consello de administración de Xestur acordou adxudicar á empresa Proyectos y Estudios Técnicos de Galicia S.L., o contrato para a redacción do proxecto de urbanización da ampliación do parque empresarial da Pontenova por 23.300 euros. A urbanización a realizar neste parque ocupa un total de 10.313 m2 repartidos en seis parcelas. O investimento previsto é de 0,7 millóns de euros.

Meira

Finalmente, Xestur adxudicou a José María Alonso Carrasco o contrato de redacción do proxecto de urbanización e electrificación da ampliación do parque empresarial de Meira (Polígono C), por 25.900 euros.

A ampliación desta área industrial terá unha superficie total de 23.392 m2 cun investimento previsto na ampliación de 1,7 millóns de euros. Cómpre lembrar que a primeira fase conta cunha superficie total de preto de 66.000 m2 e todas as súas parcelas están vendidas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com