XI Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto

A feira, que chega neste ano á súa undécima edición, está organizada pola Asociación de Ferreiros de Riotorto e conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Deste xeito, a Xunta de Galicia aposta pola recuperación, o mantemento e a divulgación dos oficios artesanais tradicionais xa que constitúen unha ferramenta de dinamización social e de divulgación da cultura galega, ademais de establecer referentes para os novos profesionais que se achegan ao sector artesanal galego.

Entre as personalidades que asistirán á feira estará a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, que o fará mañá, domingo 16 de abril.O evento destaca pola súa relevancia como punto de encontro para os profesionais dos oficios do ferro e como dinamizador económico e cultural da comarca e do sector artesán galego.

 Neste encontro, ademais de demostracións dos oficios do ferro, o programa inclúe outros oficios como o pirogravado ou a tornaría de madeira. Haberá actuacións musicais e de entretemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com