Hoxe celebrouse a XI Feira de Artesanía e Etnografía do Concello do Incio, con moi bo ambiente ao longo de todo o día e cheo nas actividades do auditorio na Casa do Concello.
O Pregón estivo a cargo da escritora galega Olga Novo. A escritora no pregón fixo unha exaltación da castaña, a cal lembrou “quitou moita fame” aos habitantes desta bisbarra en épocas pretéritas.
Asemade houbo una degustación de caldo de castaña e tamén a proxección de dous documentais no auditorio da Casa do Concello e Mesa redonda da Cooperativa Amarelante.