XII Feira do Cabalo de Escairón

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e os membros da Asociación Cabaleiros de Escairón, Judit López e Gonzalo Expósito, presentaron na Carballeira de vila do Concello do Saviñao, a XII Feira do Cabalo que se celebrará o día 26 de agosto no entorno deste recinto. A Deputación de Lugo é a principal patrocinadora desta cita cunha achega de 5.000 euros, que se inclúe dentro da súa programación de eventos lúdicos nos diferentes Concellos da Provincia, como unha das liñas do seu Plan Estratéxico de Turismo.

Campos Conde destacou “a gran labor que realiza a Asociación Cabaleiros de Escairón, da que forman parte máis de 50 asociados, xa que con estas actividades ecuestres, ademais desta Feira do Cabalo de agosto, conta na súa programación con outras rutas no inverno, contribuíndo así a promoción turística e económica da comarca ao o longo do ano”.

Dende a Asociación Cabaleiros de Escairón convidaron a todos os visitantes a acercarse a esta nova edición da Feira do Cabalo “que será unha boa oportunidade para achegarse e coñecer o mundo da hípica nun entorno familiar, e nunha xornada chea de actividades lúdicas”.

 Programación

A cita dará comezo o domingo 26, pola mañá coa apertura do recinto feiral, despois chega a ruta cabalar, e a carreira de andadura e o xantar con todos os participantes. A quenda de tarde celebrase no campo da Lama e haberá carreiras de galope, despois a gincana, un evento moi esperado polo público, e para rematar espectáculo ecuestre.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com