XIV Marcha pola Igualdade para homenaxear ás mulleres

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, acompañadas por membros da Corporación Municipal, participaron este domingo na XIV Marcha pola Igualdade, enmarcada nos actos que organiza o Concello para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. A Marcha comezou na Praza Maior, diante do Consistorio, e continuou dando unha volta pola Muralla. Na andaina tomaron parte ducias de veciños e veciñas de Lugo.

Dentro das actividades para conmemorar o Día da Mulleres, hoxe, ás 20:00 horas, na Sala dos Mosaicos do Museo Provincial, Cantar Delas ofrecerá o concerto A muller na música. O Concello tamén ten preparada unha proba deportiva, dentro do Circuíto Larsa Corre con Nós, que se converterá no Corre con Elas o 9 de abril, ás 12:00 horas, polo paseo de Ombreiro. Tamén, durante o mes de marzo, nas ociotecas municipais do programa Aprende Xogando, levarase a cabo un programa de fomento de igualdade, así como actividades en prol da igualdade e en contra da violencia de xénero na Biblioteca Municipal, institutos ou eventos deportivos e culturais, entre outros. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com