Este martes 1 de Maio, celebrouse en A Pontenova a XL Festa da Troita. A mesma asistiu o Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde do municipio, Darío Campos Conde, xunto a membros do Goberno Municipal e veciños. Trátase dunha cita que conta cun investimento de 9.000 euros de Deputación e Concello, sendo as únicas administracións que colaboran coa festa.
Campos Conde apuntou que “o evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego e Interese Turístico Deportivo Nacional, reúne de media a uns 120 pescadores e milleiros de visitantes que se achegan ao Concello a participar na degustación de troitas, no concurso de pesca ou a desfrutar das actuacións musicais que amenizan a feira.
“Durante este ano, houbo un maior número de visitantes entre pescadores chegados de diferentes puntos de España como Palencia, Burgos, ou Asturias que acoden a competir coas súas familias; e veciños da provincia de Lugo e da comunidade galega que veñen a degustar as troitas nas casetas da festa.”
Como novidade, neste ano tivo lugar o I Mercado Festa da Troita, situado na Praza do Concello, e no que participaron uns 10 postos de artesanía e de comida típica e tradicional.