XLIII Concurso- Exposición de gando vacún na Fonsagrada

Hoxe tivo lugar  unha nova edición do Concurso- Exposición de gando vacún no Concello de A Fonsagrada na que participaron preto de 60 reses de gando e repartíronse preto de 4.500 euros en premios. Ademais, durante a xornada subastouse un lote novillas de rubia galega. No acto de entrega de premios estivo o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Vicepresidente e Alcalde da Fonsagrada xunto con outras autoridades.

O Vicepresidente explicou que “este certame, que cumpre 43 edicións, está plenamente consolidado no calendario de feiras da provincia, e ademais, contribúe a impulsar a produción e a comercialización dos nosos produtos autóctonos cos preto de 30 postos nos que se pode mercar dende produtos gastronómicos ou pezas de artesanía, na praza do Concello”.

Coma cada ano, os establecementos comerciais do Concello, así como os organismos oficiais da vila colaboraron con este concurso doando diferentes trofeos para os vencedores nas diferentes categorías.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com