Xornada de descenso de casos e contaxios o día no que A Pastoriza entra en nivel alto de restricións

Xornada de alivio en canto ao avance do virus se refire logo dunha fin de semana na que o aumento de casos e contaxios foi a tónica principal. 

Así, no último informe do SERGAS con datos recompliados ata as 6 da tarde de onte, revélase un descenso significativo do número de casos que pasan dos 228 do sábado ou os 239 do venres aos 214 que se rexistraban onte. 

Tamén importante é a baixada de contaxios, mentres a semana pasada este baremo aumentaba día tras día, o certo é que nas últimas horas esa cifra baixou de forma moi considerable. Así, fronte os 18 positivos novos detectados o venres, ou os 9 do sábado, no día de onte tan só se localizaron 3 persoas con infección activa. 

Esta baixada, como repetimos cada luns, non só se debe ao descenso do virus en si, senón que tamén tense que ter en conta a caída no número de PCR que se fan durante as fins de semana. O certo é que teremos que analizar ao longo da semana se estas cifras se consolidan co tempo. 

En canto a presión asistencial, que aumentaba de forma considerable o xoves pasado chegando aos 19 pacientes covid entre planta e UCI, o certo é que hoxe baixa tamén aínda que permanece en cifras altas. Así, nas unidades convencionais se rexistras 12 pacientes; 7 deles no HULA, 2 na Mariña e 3 en Monforte. Na UCI do HULA continúan a recuperarse 4 pacientes. 

Dende o comezo da crise sanitaria superaron o virus na provincia 12.050 persoas, fronte as 213 que faleceron vítimas da covid. 

E todo isto nunha xornada na que A Pastoriza amencía en nivel alto de restricións, subindo así directamente dende o nivel máis baixo dos permitidos pola Xunta. Pola súa banda Meira, baixa ata o nivel medio, no que permanecerá unha semana máis tamén Chantada, logo dun pequeno gromo nunha residencia de maiores. O comité clínico reunirase de novo mañá para valorar posibles cambios nas restricións á agarda de saber qué vai suceder no Estado a partires do domingo, día que remata o Estado de Alarma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com