A Asociación Cultura do País programa para este mes baixo o nome de “Cultura Ciclostil”, unha completa xornada sobre a pequena edición.
Esta xornada desenvolverase no Lar da Cultura do País o sábado 7 de maio a partir as 11:00 en xornada de mañá e tarde. A finalidade é dar a coñecer os proxectos editoriais e a creación literaria e musical de pequena edición, cun mercado no que participarán unha boa representación das pequenas editoriais do país; mais tamén con actividades que dean a coñecer libros ou discos e amenicen a xornada.