Xornada sen apenas altas medicas e cun aumento considerable dos positivos detectados

A evolución da covid na provincia continua a ser impredecible. Se hai unha semana os casos activos e os contaxios tendían a aumentar día tras día, esta fin de semana freaba esa tendencia cunha baixada moi importante de casos e contaxios que, o domingo descendía ata as 214 persoas con infección activa e tan só 3 positivos detectados e numerosas altas médicas. 

Pois ben, hoxe o informe do SERGAS amosa un novo cambio de tendencia e é que aumentan os positivos detectados e baixan moito as altas médicas polo que o número de infeccións activas medra considerablemente, eso si, sen chegar ás peores cifras da semana pasada. 

Así, o SERGAS revela un total de 224 casos activos, 10 máis que na xornada anterior e é que, precisamente, en 10 persoas aumentou tamén o número de positivos que, ata as 6 da tarde de onte, sumaban 13 persoas novas con infección. 

Pola outra banda, o número de altas pasaron das 16 recibidas por pacientes covid o domingo a tan só 4 no día de onte. Unha cifra que non axuda a mellorar os datos. 

O que si mellora bastante no día de hoxe, segundo os datos recabados polo SERGAS, é a presión asistencial. En total a provincia de Lugo conta con 13 persoas ingresadas, 3 menos que no día de onte e é que no Hospital de Monforte se recuperaban 2 pacientes covid, e na UCI do HULA facíao outro. 

Así, por hospitais, o HULA conta actualmente con 7 pacientes covid en plantas de hospitalización e 3 na UCI; o Hospital da Mariña, amencía hoxe con 2 ingresados, os mesmos que na xornada anterior, e o de Monforte conta ahora cun só paciente covid hospitalizado. 

Vacinación masiva

E estes datos no día no que a Comunidade galega arranca un novo  proceso de vacinación masiva en 14 puntos das distintas áreas sanitarias. En total, Sanidade prevé a inoculación dunhas 240 mil doses dende hoxe e ata o domingo. Os tres grupos que se vacinarán esta semana, serán as persoas de entre 70 e 79 que recibirán a súa segunda dose así como o grupo de idade de 69 e 66 que comezarán a inmunización esta semana, para continuar con aqueles de entre 60 e 65 anos que aínda non comezaron a pauta. Asemade, o SERGAS engadirá a estes grupos, a administración domiciliaria para aqueles grandes dependentes e persoal dos grupos anteriores que quedaron pendentes.

Reunión Comité Clínico

E hoxe, martes, era o día no que o Comité Clínico que asesora á Xunta na toma de decisións en relación coa pandemia debería terse reunido. Unha xuntanza que se pospón ata xoves ou venres á agarda da reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que terá lugar mañá mércores e no que se espera que se concreten as medidas que poderán establecer as Comunidades Autónomas de cara ao fin do Estado de Alarma o vindeiro domingo. 

Con todo, membros do Comité avogan por continuar coas restricións en Galicia así como os peches perimetrais por Concellos. As medidas restritivas, que deberan entrar en vigor este venres como era costume, poderían entrar en vigor o propio domingo. Haberá que esperar a ver qué decisión toma o Goberno do Estado a partir do vindeiro 9 de maio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com