Xornada sobre a  facturación electrónica na CEL

Máis dunha trintena de persoas achegáronse hoxe á sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) para asistir a unha xornada informativa organizada por esta entidade sobre as novas obrigas en materia de factura electrónica e sistemas informáticos de facturación, establecidas a través da Lei 18/2022 de creación e crecemento de empresas (popularmente coñecida como Lei Crea e Crece) e a Lei 11/2021, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal.

Sandra Velo, inspectora da Axencia Estatal Tributaria (AEAT) en Lugo, foi a encargada de realizar un percorrido polas principais novidades e obrigas das normativas facendo recesión e fincapé nos prazos de entrada en vigor, que no caso dos programas informáticos está establecido xa para o 1 de xullo de 2025 e o de obriga de factura electrónica paulatinamente (con prazos de un a dous anos) dende a aprobación dos respectivos regulamentos, que se esperan para inicios do 2024.

Velo explicou tamén en detalle as persoas e operacións que estarán suxeitos aos deberes de facturación electrónica, requisitos da factura electrónica e softwares especializados, sistema VeriFactuouréxime sancionador.

Soporte ás empresas

Jaime López, secretario xeral da CEL, e Miguel Fernández, deputado da Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento da Deputación de Lugo, inauguraron o encontro, resaltando ambos a colaboración estreita e sostida no tempo entre as dúas entidades para o desenvolvemento de accións de soporte ás empresas de Lugo.

Neste caso, a organización desta xornada estivo motivada “pola propia demanda das empresas que habitualmente utilizan os nosos servizos de información e asesoramento”, en palabras do secretario da CEL, pois as novas obrigas en materia de facturación electrónica son xa frecuente consulta entre as empresas asociadas á organización empresarial lucense.

Cambio total de sistema

Os cambios que introducen as novas leis en materia de facturación electrónica suporán un cambio total nos sistemas de traballo das empresas. Tendo esta premisa en conta, Jaime López indicou que “para a operativa das pequenas (e pequenísimas) empresas propias do noso tecido produtivo, ou dos autónomos, este cambio non é facilmente abordable”, subliñando que “nun momento no que os procesos de dixitalización empresarial están aínda en moitos casos en cernes, o cumprimento destas novas obrigas antóllase complexo”.

No entanto, destacou a “repercusión positiva dos procesos de transformación dixital no crecemento e a mellora da competitividade empresarial” e que, cos novos sistemas de facturación, trátase dunha“dixitalización inaprazable”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com