Xornadas informativas sobre a vespa velutina

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a campaña “Convives ou combates. Ti elixes”,
sobre a vespa velutina. Unha iniciativa que se achegará a catro concellos da provincia entre este sábado, 11 de maio, e o vindeiro 18 de maio.

Samos e Lugo recibirán primeiro este relato sobre a importancia e a necesidade de implicación da veciñanza na loita contra esta especie invasora, será o sábado 11 ás 11.00 horas no Centro Multiusos do Concello. Na mesma xornada, en horario de tarde -ás 18.00 horas- será a quenda da veciñanza do centro da provincia coa actividade no Vello Cárcere.

Xa o día 18, en horario de mañá o programa celebrarase nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante, en Barreiros, e pola tarde, na oficina de turismo de Carballedo.
Ademais, AGA detallará a posta en marcha de medidas para combatelas e, ao mesmo tempo, continuar coas explotacións apícolas tradicionais da provincia de Lugo. As xornadas rematarán na tempada estival cunha formación práctica dando continuidade a esta primeira parte das xornadas.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades deben enviar un correo electrónico a info@apiculturagalega.gal para inscribirse de balde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com