Alar Galicia vai desenvolver os días 22, 23 e 24 de maio na sede da Xunta en Lugo, as Segundas Xornadas de Prevención e Sensibilización do Suicidio e Novas Adiccións na Mocidade, nas que participarán autoridades a nivel Autonómico e estatal.
Segundo os datos, Lugo segue entre as provincias con taxa de suicidio máis alta a nivel estatal, e Galicia, como Comunidade Autónoma, ocupa o segunda praza na taxa de suicidio de toda España, soamente superada por Asturias.
Tamén se observa un aumento de uso das novas tecnoloxías na mocidade, e están a comezar a verse as consecuencias do mesmo, en moitos casos relacionadas coa saúde mental, así como con condutas violentas. Estes tristes datos empúxannos a tratar de maneira visible ambas as temáticas, na que levamos traballando catro anos de maneira directa en colaboración coa Xunta de Galicia.