Xosé Manuel Balseiro responde ao Grupo Municipal Cidadáns sobre o uso que terá o Cuartel de San Fernando

O Grupo Municipal de Cidadáns solicitou á Xunta unha reunión para analizar o uso que se lle dará ao Cuartel de San Fernando, xa que eles solicitaron a instalación dun colexio infantil destacando que era necesario un colexio máis.  O delegado territorial da Xunta, Xosé Manuel Balseiro, responde que si aceptará a reunión, pero que pola súa parte non poden facer nada ao respecto, posto que “é un inmoble de competencia municipal”. Balseiro aclara que simplemente dará a súa opinión, xa que antes de empezar a traballar é necesario un acordo da coorporación municipal, ademáis insistiu en que a Xunta leva invertido moitos cartos no Cuartel.

Ante as verbas de Balseiro, o vicevoceiro do Concello, Miguel Fernández, deixa constancia de que xa se fixera un acordo entre o Concello e a Xunta para crear O Museo da Romanización. Ademáis, Fernández aclara, que “este tema xa se tratrara no pleno do 27 de outubro de 2016, no que se obtiveron 22 votos a favor de crear o Museo e tan só 2 en contra”, polo que lle sorprende a declaración de Balseiro.

Fernández engadiu que xa visitaron a zona do cuartel, aquitectos, historiadores e observadores, entre outros, e que chegarón á conclusión de que o lugar era o apropiado para crear O Museo da Romanización. Tamén mostrou que “non entende de que dubida Balseiro” xa que tamén se fixeron dúas reunións nas que participaron tanto a Alcaldesa de Lugo, como o Presidente da Xunta, nas que “quedou claro que sería un museo”.

Por último, na rolda de prensa que tivo lugar esta mañá no Concello, Fernández fixo a lectura da aprobación de instaurar no Cuartel de San Fernando o Museo da Romanización, para que a Balseiro non tivese máis dúbidas respecto do uso que terá este lugar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com