O premio, dotado con 600 € e unha estatuíña de Sargadelos, concedeuse á obra Lenda do Boedo e do non Nado, presentada co lema Incognitus, por Xosé Otero Canto, de Lugo. O segundo premio, dotado con 300 euros e unha estatuíña de Sargadelos concedeuse ao poema Pavana de Nadal, presentado baixo o lema Clara Campoamor, por Laura López Esteban, de Lugo.
Asemade, o xurado acordou conceder unha mención de honra dotada dunha estatuíña de Sargadelos, á obra Un Belén que nunca pecha, do autor residente en Vilalba Carlos López Fernández e que se presentou co lema Gaiferos de Mormaltán, pola calidade da obra.
Mostra do Certame de Arte
Noutro senso, a Casa da Cultura de Begonte, inaugurou onte a exposición formada polas 25 obras presentadas ao XIX Certame Galego de Arte convocado polo Centro Cultural ‘José Domínguez Guizán”, impulsor do Belén de Begonte. A mostra permanecerá aberta, no horario da Casa da Cultura, ata o próximo 25 de xaneiro. Igualmente se expoñen os traballos premiados no Certame de Debuxo infantil sobre O Nadal.