O ilustrador Xosé Tomás presentou este tarde no Pazo de San Marcos o libro Contos de seu, que leva á banda deseñada o mundo literario do escritor Anxel Fole. A obra, editada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega coa colaboración da Deputación de Lugo, inclúe nove contos ilustrados froito, di o autor, “do pouso que queda tras a lectura da obra de Ánxel Fole. Son historias que beben do seu ambiente, do seu cheiro, da súa retranca e do seu misterio”.
No acto, no que participou o concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento de Lugo, Felipe Rivas, a vicepresidenta da Deputación agradeceu a Xosé Tomás e á AS-PG a presentación da obra en Lugo”.