Xoves e venres, día dos Microefectos Dramatúrxicos

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo mañá, xoves 7 en pases de 20:30 e 22:30 e o venres 8 en pases de 22:30 e 00:30. Debido a que a sesión do venres coincide cos actos da folga feminista decidimos atrasar os pases dese mesmo día para facilitar a asistencia tanto á manifestación da tarde-noite coma ao Clavi.

Microefectos Dramatúrxicos porá en escena, como xa é habitual, pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

As pezas interpretadas esta semana serán Bolas máxicas, escrita e dirixida por Conchi Madrina; Lupus, de Isa Herrero e Anxo Manoel; O móbil definitivo, de Rubén Pérez e Debate electoral a la luz del pentotal, escrita e dirixida por Pepe Saavedra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com