As XSG de Guitiriz presentan o documental “Camilo: o último guerrilleiro”

As Xuventudes Socialistas de Guitiriz organizan un acto, este sábado día 28, na Casa Habanera ás 20:30 horas, no que se proxectará o documental “Camilo: o ultimo guerrilleiro”, a entrada ao mesmo é libre e gratuíta.

Este filme narra a experiencia vital de Camilo de Dios, o último guerrilleiro que queda vivo en Galicia, nel exponse a súa vida . Este traballo foi realizado polos estudantes de Comunicación Audiviosual da UDC; Alba Sánchez, Miguel García, Juan Pirola e Pedro Iglesias, que realizaron este cinta como traballo de Fin de Grao.

Os autores explican que o pretenderon con este traballo foi recuperar a memoria histórica da guerrilla antifranquista; e Camilo é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma él, arriscárono todo pola xustiza e a liberdade.

A Secretaria Xeral das XSG de Guitiriz, Laura Pardo, convidou a todos os veciños e os visitantes a asistir a esta proxección. “A historia vital de Camilo de Dios é un verdadeiro exemplo de compromiso e de loita pola liberdade.Por iso é necesario que todos coñezamos a súa historia, para que no voltemos a caer nos erros do pasado e poidamos vivir loitando por un futuro mellor”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com