O xuízo da “Campión” comeza maña na Audiencia Provincial

A vista previa que comeza mañá, ten como obxectivo chegar a acordos cos acusados, algúns dos cales  xa recibiron ofertas da fiscalía da rebaixa de petición de condena. Nestes momentos para os acusados solicítanse as penas máximas, e así se elevarán ao tribunal no caso de que estes  non admitan os feitos.

Para Jorge Dorribo principal acusado o ministerio fiscal solicita 19 anos de cadea e 16 millóns de euros de multa, tamén están acusados o daquela director do IGAPE, Joaquín Varela de Lima e outro funcionario do mesmo organismo Carlos Silva para quen se pide máis de dous anos para cada un. En total para os trece acusados a fiscalía pide 78 anos de cadea e preto de 70 millóns de euros en multas.

Así que haberá que agardar á xornada de mañá para ver se finalmente se abre ou non xuízo oral, todo dependera dos acordos aos que cheguen defensores e ministerio fiscal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com