Xulio Pardo de Neyra presenta o seu último traballo na libraría Trama

A libraría Trama acolle este xoves día 13, ás 19.00 horas, a presentación da última obra de Xulio Pardo de Neyra. É este un libro que mostra a un Carvalho Calero, polígrafo, mercé á intervención de María Ignacia Ramos, a súa esposa e compañeira. Xunto a Pardo de Neyra estará a filla do escritor ferrolán María Victoria Carballo-Calero Ramos.

Edicións Embora ven de sacar á rúa Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, unha densa e pormenorizada análise de Carvalho Calero e da súa dona, María Ignacia Ramos. Esta descóbrese como unha das tantas e tantas mulleres silenciadas que destacaron con luz propia no planisferio das letras dunha Galicia adoito magoada.

Pardo de Neyra aborda neste traballo o estudo dun Carvalho primeiro novelista de Posguerra e o dunha Ramos Díez inspiradora, aleitadora e mesmo escritora. Co pano de fundo da Historia Social, por este texto aténdese á realidade que levou Carvalho a agasallar á literatura galega coas súas primeiras tentativas romancísticas logo da implantación do fascismo inaugurado en 1936, así como á do Carvalho docente, impulsor e inspirador do importante proxecto educativo do Colexio Fingoi de Lugo, un dos máis relevantes para a historia da educación galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com