A Consellería de Cultura e Turismo acometerá a limpeza da vexetación dos paramentos da Muralla unha vez que remate o período de nidificación das especies que habitan o monumento, como todos os anos. Pero, “segue facendo traballos mantemento compatibles coa preservación dos cirrios”.
Ante a demanda do Concello de Lugo, a Xunta aclara que “aínda estamos no período de cría dos cirrios, como evidencian os numerosos exemplares que se poden contemplar en moitos puntos da cidade voando a baixa altura na contorna máis inmediata da Muralla”.
O Concello sabe que “os labores de retirada da vexetación poden danar os niños e por iso, en cada campaña, se suspenden durante a primavera para retomalos unha vez remata o período de cría. Neste sentido, como é habitual, a retirada de vexetación manual realizarase a finais de verán ou principios do outono, cando o protocolo estableza que é o momento óptimo desde un punto de vista ecolóxico e fitosanitario. Subliña a Xunta.