A Xunta de Galicia mellora a calidade de vida das veciñas e veciños de Láncara achegando dous millóns de euros en novas obras e servizos financiados con fondos autonómicos. Así o explicou o delegado territorial, José Manuel Balseiro, no transcurso dunha visita institucional á localidade.
En particular, o responsable territorial supervisou as actuacións executadas na mellora do colexio público de Láncara, o CEIP Ramón Piñeiro, no que se investiron 45.000 euros en diversas reformas eléctricas, saneamento ou no peche perimetral.
O delegado tamén quixo comprobar o resultado dos traballos executados ao abeiro do Plan Marco de Mellora de Camiños Rurais cuxos proxectos a Xunta financiou con 84.000 euros. A achega autonómica permitiu mellorar seis camiños que servían de acceso ás parcelas dos gandeiros do lugar.
Balseiro supervisou en concreto o resultado das obras no camiño de Quintela e Vilaleo. No primeiro mellorouse o pavimentado 405 metros e no segundo 513 metros con rego asfáltico, ambos sitos na parroquia de Traliste. Tamén se actuou no camiño de A Reboleira, Vigo de Galegos, Toldaos, Monseiro, A Lama, cruce do Carballal e Oleiros. En total máis 6, 2 quilómetros de lonxitude mellorados.