A Delegación territorial da Xunta, viuse na obriga este mediodía de aclarar, antes as informacións vertidas pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que os servizos provinciais de Patrimonio non teñen constancia de ningunha petición de informe escrito ou solicitude formal de asesoramento en relación co proxecto de demolición das torres do Garañón.
En todo caso, de producirse algunha solicitude en tal sentido os servizos técnicos de Patrimonio (arquitectos e arqueólogos) prestarán o asesoramento debido, se é o caso, como fan co resto das entidades locais ou particulares que solicitan asesoramento.