A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das Feiras e festas da primavera do Páramo, que cumpren a edición número 41 e se celebrarán entre os días 9 e 11 de xuño. José Manuel Balseiro deu unha pequena presentación ás festas que teñen como principal atractivo a presenza de máis de mil cabezas de gando cabalar e vacún.
Na programación destaca o desfile de gando e un espectáculo de mostra de doma. Tamén haberá exhibicións de cetrería ou un concurso canino, entre outros atractivos.
Na presentación participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou de anfitrión; o alcalde do municipio, Gumersindo Rodríguez; as concelleiras Verónica Arias e Begoña González; e por parte da Asociación de Amigos do Campo da Feira, Jesús Méndez, o seu fundador, e Manuel López, o presidente actual.
Gumersindo Rodríguez asegurou que esta festa, que presentou esta mañá a súa 41 edición, foi para o Páramo unha “ventá pola que se deu a coñecer o municipio ante o resto da provincia”.