A Xunta adxudica unha vivenda de promoción pública a unha familia viveirense en risco de exclusión social

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, adxudica directamente unha vivenda protexida de promoción pública en réxime de alugueiro na localidade lucense de Viveiro a unha familia en serio perigo de exclusión social.

A Comisión Provincial de Vivenda de Lugo estudou o caso e propuxo a adxudicación directa desta vivenda, tal e como permite o artigo 48 do Decreto 253/2007, que destaca que, en situacións de risco como a citada, é posible realizar este tipo de cesións. O Goberno galego avanza así no cumprimento do Plan rehaVita, que está a reforzar as medidas destinadas a garantir un fogar as familias máis desfavorecidas. Estas solucións non só se dirixen a aquelas persoas que sofren problemas de índole social, senón que tamén se ofrece colaboración a outros que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que segue a dar resposta a todas as familias que solicitan axuda. Neste sentido, no último ano multiplicáronse os esforzos para achegar solucións ás persoas en situación de risco, mediante novos programas de axuda como o Bono de Alugueiro social ou os convenios con entidades financeiras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com