A Xunta apoia a formación da mocidade en proxectos que poñan en valor o monte de galego

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, realizou hoxe unha visita ao curso de iniciativa local para a xuventude promovida polo Concello do Vicedo en relación cos actuais proxectos resineiros.

O obxectivo desta acción é difundir e poñer en valor entre a mocidade local as novas alternativas que pode ofrecer o monte galego e así favorecer a inserción laboral dos mozos e mozas participantes, concienciar acerca do estado das masas forestais ou fomentar o respecto ao medioambiente, entre outros.

A iniciativa responde, por unha parte, á necesidade de mellora económica dos sistemas forestais e a procura de novas alternativas de aproveitamento, e por outra, á falta de oportunidades da mocidade no ámbito rural. O proceso coincidirá coa posta en marcha dun aproveitamento de resina, desde a localización e limitación de parcelas ata a venta de materia prima en fábrica. Deste xeito, os participantes adquirirán a formación básica para comezar o seu propio aproveitamento.

A Xunta de Galicia, achegou 5.763,50 euros para a posta en marcha desta iniciativa na que están a participar 14 mozos e mozas. Cómpre destacar que a orde de subvencións ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude durante o ano 2017, está dotada cun orzamento de 609.025,67 euros, o que permitiu a financiación de 104 proxectos dos cales 19 corresponden á provincia de Lugo (que contou cunha achega de preto de 100.000 euros).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com