O Grupo Municipal do Partido Popular da Fonsagrada ven de emitir un comunicado onde lle agradece á Xunta de Galicia que “dera a autorización para proceder á instalación para o gas natural no municipio”. O goberno autonómico vén de publicar hoxe no DOG a resolución desta concesión .
“Esta resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia significa o punto de partida para que o Concello da Fonsagrada poida facer realidade a necesidade de dispoñer dunha enerxía tan eficiente e limpa como é o gas natural. Hoxe todos os fonsagradinos estamos de noraboa”
O voceiro do PP, Tobías Martínez, quixo poñer en valor novamente “a aposta do goberno de Núñez Feijóo pola nosa vila”. Os populares salientan que esta actuación “suporá un gran avance para todos os fonsagradinos e fonsagradinas xa que poderán beneficiarse, unha vez que conclúa o proxecto e as instalacións estean listas, dunha enerxía máis eficiente e limpa”.