A Xunta axudará na contratación de 112 socorristas para concellos da provincia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitará a contratación de 112 socorristas que velarán durante o verán pola seguridade nas praias e piscinas dos 40 concellos da provincia que solicitaron este servizo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que este ano súmanse dous concellos máis, e que tamén medra o financiamento en preto dun 2,5% ata situarse nos 343.000 euros.

En canto aos prazos, sinalou que hoxe mesmo se librará unha primeira partida de máis de 246.000 euros para axilizar os pagos aos primeiros 13 concellos beneficiarios, entre eles todos os da costa; nos vindeiros días completaranse todos os expedientes. Ao respecto, cabe lembrar que a consellería autorizou a contratación anticipada de socorristas a todos os concellos que llo solicitaron para que puideran avanzar a tramitación.

Balseiro destacou que este programa de axudas “é especialmente importante para os municipios costeiros, xa que lles permite contratar a persoal suficiente para ofrecer un axeitado servizo de vixilancia e salvamento nas praias durante a tempada alta, que sería moi gravoso asumir cos seus propios medios”.

Asemade, a consellería autorizou a contratación anticipada de socorristas a todos os concellos que llo solicitaron para que puideran avanzar a tramitación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com