A Xunta de Goberno Provincial deste venres aprobou as bases e o modelo de solicitude do plan de axudas de 2,2 millóns de euros, para o impulso do rural e do sector primario.
Mañá, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e o luns abrirase o prazo de solicitude, que será dun mes, é dicir, ata principios de marzo.
O plan inclúe 7 liñas de axudas: recuperación de terras abandonas; peche de viñedos; reactivación da flota de baixura; produción de horta; dotación e mellora de traídas de auga; melloras e equipamento de centros sociais; e arranxo de camiños ou outros servizos de uso comunitario.
Escoitamos ao voceiro provincial socialista Manuel Martínez: