O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, avanzou esta mañá que o Executivo da Deputación realizará melloras en 35 accesos de núcleos rurais de provincia con 750.000 euros. Rodríguez Ónega explicou que este orzamento é do Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos do medio rural, que contempla varias liñas de actuación, e que está dirixido a asociacións e comunidades de montes dos 67 Concellos.
Fíxoo nunha visita a Tirimol, parroquia do Concello de Lugo, onde supervisou o resultados das obras no campo público de Seivane, que consistiron no arranxo dos accesos e deste propio espazo.
Por outra banda, o Vicepresidente da Deputación e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, informou onte que o Goberno Provincial incrementará en 100.000 euros con respecto ao ano pasado os fondos do Plan de Roza da rede viaria provincial, que supera os 4.200 quilómetros, achegando un total de 800.000 euros.
Martínez Núñez explicou que para a adxudicación e execución destes traballos se dividiu a rede viaria en 24 zonas co obxectivo de favorecer a contratación dun maior número de autónomos e PEMES da provincia, así como a axilización destas actuacións