A Xunta destina 2,3M€ ao Conservatorio de Música

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinou no pasado ano preto de 2,3 millóns de euros ao Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe as instalacións, que acollen a 547 alumnos e alumnas e nas que traballan 60 persoas, 55 delas docentes das distintas materias. Durante o percorrido polas instalacións Balseiro estivo acompañado pola xefa territorial da Consellería de Cultura e Educación en Lugo, María Carmen Gueimunde, e pola directora do Conservatorio, Mariluz Hermida, entre outros.

O centro imparte 19 especialidades instrumentais, sendo a máis demandada a de piano, que asume preto da cuarta parte da matrícula. Así, hai 112 alumnos aprendendo a tocar este instrumento fronte aos 73 que aprenden violín, que é a segunda con maior matrícula. Ségueno, por esta orde pero xa a certa distancia, clarinete, con 36 alumnos; saxofón, con 32 alumnos, e frauta travesa e guitarra, ambas con 31 matriculados.

O Conservatorio ofrece tamén ensinanzas en acordeón, canto, contrabaixo, fagot, gaita galega, oboe, percusión, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola e violoncello. Balseiro gabou o labor do cadro directivo e do profesorado e puxo de manifesto o esforzo que realizan moitos alumnos que compaxinan as ensinanzas musicais coa ensinanza educativa obrigatoria. “Este centro -afirmou o delegado- ofrece unha formación sólida e de calidade aos futuros profesionais da música, moitos dos cales comezan dende moi nenos nesta traxectoria, que resulta esixente pero tamén é moi vocacional”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com