A Xunta destinou máis de 3,6 millóns para os agricultores lucenses que asumen prácticas respectuosas co medio ambiente

A Consellería do Medio Rural destinou 3.641.416 euros ás axudas de compensación para os agricultores da provincia de Lugo que asumen a utilización de prácticas respectuosas co medio ambiente.

Benefícianse destas axudas 977 agricultores e gandeiros lucenses, a maioría dedicados ao gando vacún de leite ou de carne por realizar unha xestión sostida dos pastos,  aínda que tamén nalgúns casos polo fomento de razas autóctonas ou a conversión en gandería ecolóxica.

 Estas achegas están incluídas no Contrato de Explotación Sustentable (CES) e fanse a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), ente adscrito a Medio Rural.  Son un complemento á renda dos agricultores e gandeiros como compensación pola perda de ingresos e o aumento dos custes asociados a métodos de produción máis respectuosos co ambiente e a conservación da paisaxe.

 Deste xeito, estas medidas remuneran aos agricultores polas funcións territoriais, sociais e ambientais que se derivan de determinados sistemas agrícolas e gandeiros, á vez que se reforza un modelo sostible das explotacións.

 Todos os agricultores que asumen un contrato de explotación sustentable comprométense a  actualizar un caderno de explotación cun resumo da contabilidade e da conta de explotación, a recibir consello dunha entidade especializada en servizos medioambientais e   cumprir coas normas sobre a utilización de fitosanitarios e fertilizantes, entre outros requisitos. Ademais deben cumprir cos compromisos específicos establecidos para cada axuda en concreto da que son beneficiarios.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com