A Xunta dispón de 21 vivendas de promoción pública situadas en seis concellos da provincia

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, destacou hoxe que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) dispón 21 vivendas de promoción pública situadas en seis concellos da provincia de Lugo.

Balseiro explicou que a Xunta iniciará en xaneiro o proceso de adxudicación de 18 destas vivendas, o que significa que os que estean interesados terán que solicitar previamente a inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda

O delegado visitou as vivendas que se ofertan en Viveiro, dúas na rúa Melitón Cortiñas e outras dúas na rúa Rosalía de Castro, e destacou que en xeral todas as que ofrece o Instituto  teñen dunha excelente situación. De feito, 13 están situadas en cascos históricos.

Así, a Xunta iniciará o proceso de adxudicación, co correspondente sorteo, entre os demandantes xa incluídos no rexistro para as catro vivendas situadas no casco histórico de Viveiro, tres no de Chantada, e outras tantas no de Vilalba, e veñen a sumarse ás tres que se ofertan no de Monforte, no antigo hotel Comercio, nas que o procedemento de adxudicación xa está máis avanzado. Ademais, o Instituto abrirá o proceso para seis vivendas libres en Becerreá e dúas en Muras.

As vivendas situadas en cascos históricos adxudícanse en réxime de aluguer e as outras en propiedade ou aluguer, segundo o nivel de ingresos. O prazo para inscribirse como demandante destas vivendas remata o 29 de xaneiro.

O delegado informou tamén de que este xoves a Xunta abre o proceso de selección de adxudicatarios para vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida no grupo de vivendas de promoción pública, unha delas en Garabolos (Lugo) e dúas vivendas máis no casco histórico da capital.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com