Xunta e Concello reúnense para desbloquear a construción do colexio no Sagrado Corazón

A Alcadesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres unha reunión de traballo co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para garantir a construción dun novo colexio no Sagrado Corazón, tan demandado polos veciños e veciñas.

Tras a negativa da Xunta de Galicia de non aplicar a Lei 3/2016 de Proxectos Públicos de Urxencia e de Excepcional Interese, a mesma que se empregou en Vigo para unha iniciativa privada e sendo, segundo os técnicos, a solución máis rápida para a construcción deste centro; e ante a necesidade de desbloquear unha situación fundamental da que dependen motias familais, puxéronse enriba da mesa outras novas vías para solucionar este problema, que serán agora estudadas polos técnicos.

O Concello, tras conseguir os 10.000 metros cadrados esixidos para a construcción dun centro educativo tras un período longo de expropiación, continúa sen entender como a Xunta pode aplicar a lei de urxencia en Vigo nunha iniciativa privada e non en Lugo, para unha pública. Non en van, a alcaldesa amosou a súa vontade para manter cantos encontros sexan necesarios para saldar outra das débedas históricas que ten a Xunta con Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com