A Xunta e o Concello das Nogais asinan un acordo para a mellora do firme dun víal

A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda e o alcalde do Concello das Nogais, Jesús Manuel Núñez, asinaron un convenio para levar a cabo a mellora do firme dun vial municipal que une a N-VI co núcleo do Castelo, co obxectivo de ofrecer unha maior seguridade e comodidade na circulación aos vehículos que utilicen este vial. Para esta actuación, investiranse máis de 57.000 euros.

As actuacións pretenden facilitar o tránsito polo vial municipal de 1.2 quilómetros de lonxitude e 4,20 m de ancho, que comunica a estrada N-VI no seu punto quilométrico 440 (situado nas proximidades do enlace a Doncos e Noceda da A-6), co núcleo de Castelo.

Os traballos a realizar consistirán na apertura e limpeza profunda de cunetas, e rasanteo e reforzo da plataforma estendendo unha nota capa de firme de mestura bituminosa en quente.

Estas tarefas permitirán canalizar de xeito mais axeitado as augas de drenaxe, o que facilitará a boa conservación da estrada, ademais de aumentar a comodidade dos usuarios nos desprazamentos e a súa seguridade viaria.

Coa sinatura do convenio, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), asume o compromiso de financiar a execución das obra, destinando para elo 57.434,00 euros.

Pola súa banda, o Concello das Nogais terá que contratar e levar a cabo as obras obxecto deste convenio neste ano 2016, e asumirá as posibles obrigas económicas que excedan do importe indicado.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com