A Xunta e o Concello de Pantón executarán a urbanización na Ponte das Bernardas

A Xunta de Galicia colabora co Concello de Pantón para executar unha obra de urbanización e mellora na ponte das Bernardas e na súa contorna. De feito, segundo informou hoxe a Delegación Territorial do ente autonómico, prevese que os traballos neste espazo se inicien nos vindeiros días e suporán un investimento próximo aos 230.000 euros.

Así o explicaron esta tarde o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o alcalde da localidade, José Luís Álvarez quen comprobaron sobre o terreo en que consistirán os distintos traballos a executar. A obra é froito do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda e o Concello de Pantón, e inclúe tamén a execución de beirarrúas entre Ferreira e o cruzamento de Sober, fronte ao mosteiro das Bernardas.

Ademais os traballos contemplan ensanchar a ponte ata en catro metros eliminando uns alpendres que orixinaban un paso estreito e obstaculizaban a continuidade das beirarrúas. Os traballos se completarán coa execución no espazo deixado polos alpendres dun muro de cantería de cerramento e coa ampliación do pontón existente nunha das marxes.

O delegado territorial explicou que o Goberno galego comprometeuse ao financiamento destas obras, mentres que o Concello de Pantón foi o encargado de redactar o documento técnico e tamén da contratación e execución das obras. Balseiro coincidiu co alcalde en poñer en valor estes traballos cos que Xunta e Concello están apostando por reforzar a seguridade viaria, incrementando a mobilidade e mellorando a calidade de vida de tódolos veciños e usuarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com