A Xunta entrega a Terras da Mariña o selo de Galicia Calidade para comercializar a faba de Lourenzá

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, entregaron hoxe o certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, á cooperativa Terras da Mariña para a comercialización da faba acollida á Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá.

Sol Vázquez Abeal subliñou o esforzo feito pola cooperativa constituída no ano 2014 por unha vintena de socios produtores de faba da comarca da Mariña para vender os seus produtos con garantías de trazabilidade e asegurando a excelente calidade e seguridade alimentaria. “Terras da Mariña ten unha relevancia na contorna e unha repercusión positiva no eido económico, social e cultural ao recuperar e potenciar unha actividade tradicional mellorando as condicións de produción e comercialización”, apuntou.

A directora xeral de Comercio e presidenta de Galicia Calidade, destacou que a aposta da Xunta polo cooperativismo e a economía social “está a contribuír ao desenvolvemento económico do medio rural”, xa que incrementa as posibilidades de creación de emprego e de comercialización dos seus produtos en mercados máis globais e competitivos.

Neste sentido, recordou que Galicia, grazas ás ferramentas activadas pola Xunta para impulsar a economía social, conta con 1.325 cooperativas activas, un 3,2% máis que no primeiro semestre do ano pasado. “Estamos comprometidos coa creación de emprego de calidade e a fixación de poboación no medio rural”, subliñou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com