A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio inicia hoxe os traballos para o selado de 15 puntos de vertido incontrolado nos concellos de Lugo e A Pastoriza. Trátase dunha actuación medio ambiental incluída nunha campaña da Xunta para erradicar máis de 65 puntos inventariados que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses deste ano 2017 e nos que investirá 400.000 euros.
Os puntos de vertido incontrolado son pequenos focos nos que se van depositando e acumulando residuos sólidos de moi distinta natureza, co prexuízo que isto ocasiona no entorno.
No caso de Lugo, os puntos detectáronse nos lugares de Carqueixo, Camiño das Graveiras, Polígono das Gándaras e Abella; mentres que no caso do concello da Pastoriza, actuarase en cinco zonas: Loxilde, Castrillón, Loboso, Campo de Oso e Curras.
O material que se adoita a localizar nestes puntos de vertido incontrolado consisten en obxectos domiciliarios, pequenas obras de edificación e de urbanización, como vidro, plásticos, pneumáticos e mestura de residuos de construción.