A Xunta implica ás asociacións nunha nova campaña contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, e a presidenta do Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, Ángeles Carmona, presentaron hoxe en Lugo a campaña impulsada pola Xunta para previr e sensibilizar ao movemento veciñal sobre a violencia de xénero.

O acto contou tamén coa participación da presidenta da Comisión de Igualdade da Asociación Española de Auditores Socio-Laborais, María Ángeles García, e do presidente da Federación de asociación de veciños de Lugo, Jesús Vázquez.

Durante o acto, os asistentes coñeceron pautas que lles poden axudar a detectar casos de maltrato e como reaccionar ante eles. Ademais, fíxoselles tamén entrega dun trípitico con consellos sobre como previr e abordar estas situacións.

A campaña, que se iniciou onte en Pontevedra e que chegará a toda Galicia, vai dirixida ás asociacións veciñais porque, pola súa proximidade, poden exercer un papel fundamental á hora de detectar estas situacións e axudar ás vítimas. Neste sentido, todos os intervintes realizaron un chamamento á cidadanía para que denuncien estes casos para seguir avanzando nunha loita que é responsabilidade do conxunto da sociedade.

Nesta mesma liña de actuación, cómpre recordar que a Xunta xa asinou o ano pasado un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Administradores de Fincas (COAFGA) e a Asociación Española de Auditores Socio-Laborais (CEAL). A súa principal finalidade é contar coa súa colaboración na prevención e detección de situacións de violencia de xénero nas comunidades de propietarios e propietarias nas que están presentes.

Ademais desta iniciativa, a Xunta ten posto en marcha un gran abano de programas e proxectos para loitar contra a violencia de xénero, unha prioridade para o Goberno galego. Así, e entre outras liñas, as vítimas poden acceder a axudas económicas, atención médica e psicolóxica, e formación e asesoramento legal. Este compromiso demóstrase tamén a nivel orzamentario. De feito, a partida destinada a este fin nas contas do 2018 é practicamente o dobre do que había hai 5 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com