A Xunta incide no seu compromiso rematar coa lacra da violencia de xénero

A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou o compromiso da Administración para  articular unha resposta global e coordinada á violencia de xénero en calquera das súas modalidades e consecuencias a través dunha asistencia integral ás mulleres vítimas e ás persoas ao seu cargo, así como fortalecer a prevención.

 Susana López Abella participou hoxe nas Xornadas contra a Violencia de Xénero da Asociación de Mulleres en Igualdade Burela (BUMEI), onde incidiu que a folla de ruta do Goberno galego na loita contra a violencia de xénero ten varios obxectivos, que son a sensibilización, prevención, denuncia, atención e protección, e reiterou que para acadar estes obxectivos é fundamental a coordinación e a colaboración entre todos os axentes implicados, coma son as administracións públicas, poder xudicial, forzas e corpos de seguridade, entidades e a sociedade no seu conxunto.

 A Xunta de Galicia, dende a convicción de que unha sociedade libre de violencia contra a muller é posible no século XXI, invita a participar na súa consecución a toda a sociedade, xunto aos poderes públicos e, reafirma o seu compromiso por fomentar a concienciación cidadá pola igualdade entre homes e mulleres, mulleres e homes, na construción dunha sociedade libre de violencia contra a muller.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com