A Policía Autonómica en Lugo conta, desde hoxe mesmo, con cinco novos vehículos que se incorporan ao parque móbil desta unidade adscrita á Xunta de Galicia.
O acto oficial de entrega destes coches tivo lugar esta mañá, presidido polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do subdelegado do Goberno central en Lugo, Ramón Carballo e do xefe provincial da Policía Autonómica, Javier Amigo.
En concreto, os novos vehículos -valorados en 140.000 euros-, están especialmente equipados cos medios técnicos necesarios para a labor policial, entre eles, un kit de recollida de mostras e unha cámara fotográfica de dotación.
Esta nova incorporación facilita a renovación e retirada doutros cinco coches de maior antigüidade e uso, polo que na actualidade a xefatura da Policía Autonómica en Lugo conta cun total de doce vehículos. A aposta do Goberno galego por reforzar con novos medios e recursos este corpo non se limita só a adquisición de vehículos, senón que tamén inclúe chalecos externos para usopolicial e a recente actualización dos equipos informáticos da Xefatura provincial.
A Policía Autonómica realiza funcións de prevención e investigación en eidos tan relevantes para a sociedade galega como a defensa do medio ambiente, e a loita contra o lume, a violencia de xénero ou o furtivismo.