A Xunta insta ao Concello a presentar, sen demora, o proxecto de demolición do Garañón

A Xunta lembroulle hoxe ao Concello de Lugo que ten que executar unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que o condena a demoler O Garañón e a repoñer a legalidade. Ten que ser, polo tanto, o propio Concello quen elabore o proxecto de demolición e, a maiores, terá que ser este proxecto, redactado polo Concello, o que defina claramente o que hai que demoler.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, respondeu nestes termos ao concello de Lugo e engadiu que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural informará exclusivamente un proxecto de demolición presentado polo Concello, “porque solo eles son a administración condenada e deben asumir as súas responsabilidades”

Balseiro instou ao concello de Lugo a non demorarse máis e presentar ese proxecto para que o poidan supervisar os servizos de Patrimonio da Delegación Territorial. “Todo o demais é perder tempo -afirmou-, e resulta moi evidente que é unha manobra dilatoria, porque Patrimonio non  pode informar sobre o que non coñece”

Na mesma liña, o delegado sinalou que resulta “impensable” que, tal e como parece propoñer o concello, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural se pronuncie “sobre o que debe facer o concello en base á sentenza condenatoria do Tribunal Superior de Xustiza”. De feito, Balseiro advertiu que “as sentenzas non se interpretan nin se discuten, execútanse, e correspóndelle ao Concello de Lugo determinar como facer efectivo o mandato do tribunal ao respecto do Garañón”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com