O Goberno galego aprobou esta mañá o investimento de 1,2 millóns de euros para equipar o novo auditorio de Lugo.
En concreto, a partida destinada ao auditorio enmarcarase dentro do chamado Plan de Infraestruturas comunitarias que xestiona Vicepresidencia e a consellería de Medio Ambiente e que está dotado cun total de 10 millóns de euros, dos que se extraerán os 1,2 millóns destinados á infraestrutura lucense.
O novo auditorio foi inaugurado hai unhas semanas polo propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aínda que non conta con equipamento técnico nin programación para poñer en marcha a súa actividade.