A Xunta inviste preto de 90.000 euros no Concello de Lugo a través do Plan Marco

A Consellería do Medio Rural investiu no Concello de Lugo preto de 90.000 euros a través do Plan marco de mellora de camiños municipais e acceso a explotacións agrarias. En concreto, este apoio autonómico serviu para mellorar varias estradas nos núcleos rurais de Benade e Adai.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, supervisou esta mañá os traballos realizados nestas parroquias e comprobou sobre o terreo o resultado das obras executadas.  “O obxectivo deste plan é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais. E na Xunta entendemos que un bo camiño para facelo pasa por mellorar as dotacións existentes en infraestruturas básicas, como estas estradas” subliñou o delegado territorial.

Na parroquia de Adai a achega autonómica permitiu actuar sobre 2.380 metros de superficie. Namentres que no tocante á segunda obra, a executada en Benade, propiciou a mellora de case 800 metros.

Balseiro tamén explicou que plan marco da Xunta dá continuidade ás actuacións desenvolvidas en anos anteriores. Con este fin os concellos lugueses recibirán en conxunto máis de 4,1 millóns de euros para mellorar os seus camiños rurais de titularidade municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com