O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, copresidiron esta mañá a xunta local de seguridade na que, ademais de facer unha análise global da situación da delincuencia no municipio, deron conta dos plans postos en marcha polo Goberno para favorecer a seguridade das comunidades escolares e das persoas maiores. No encontro participaron ademais representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.
Segundo os datos oficiais, a taxa de criminalidade na Fonsagrada está por debaixo da media provincial e galega, segundo se informou na reunión.
Os membros da xunta local de seguridade destacaron o elevado índice de eficacia acadado na resolución e esclarecemento dos delitos denunciados no concello fonsagradino no que vai de ano que atribuíron ao “bo traballo e a cooperación” entre os distintos corpos policiais presentes na zona.