A Xunta nomea a Begoña Seco Varela nova xefa territorial da Consellería de Sanidade en Lugo

María Begoña Seco Varela será a nova xefa territorial da Consellería de Sanidade en Lugo, cargo ao que se incorporou no día de hoxe segundo deu a coñecer o delegado territorial da Xunta José Manuel Balseiro.

Seco Varela é Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria de carreira por esta mesma escala. Ao longo da súa experiencia profesional, desempeñou múltiples labores no ámbito da saúde pública, en especial, no tocante á produción animal e dispón de formación especializada no ámbito do etiquetaxe alimentario.

Ata o de agora, viña exercendo desde o ano 2014 a xefatura do servizo de industrias e calidade agroalimentaria. A xefa territorial compaxinará as súas novas funcións coas de concelleira en Outeiro de Rei.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com